Chega o mecenado de Aira 2024 🤩

CHEGA O MECENADO 2024
 
Ola!

Ano 2017: Nace en Allariz un proxecto cultural que quere cumprir o soño de editar libros. Libros interesantes, bonitos, que namoren tanto polo seu contido coma pola súa forma. Este proxecto ten nome propio, Aira editorial, e susténtase grazas ao apoio e compromiso de persoas, persoas coma ti, que compran os nosos libros nas librarías e, especialmente, decidiron facerse mecenas.

Gustaríanos seguir dándolle continuidade a este soño. Por iso pomos en marcha a nosa campaña anual de mecenado, até o 30 de abril de 2024. No próximo Nadal publicaremos un novo 'Clásico Ilustrado', coma sempre un título imprescindible da literatura universal, cunha nova tradución ao galego, e en edición de luxo a toda cor con fermosas ilustracións.

Este ano o libro elixido é Suite francesa, da autora francesa Irène Némirovsky, unha inesquecible novela traducida por Samuel Solleiro e ilustrada por MeliMolita.

A estas alturas preguntaraste...como podo participar? É moi doado, só tes que facerte mecenas na nosa web e así adentrarte no mundo Aira co que obterás:
  • Un exemplar do clásico ilustrado do ano + marcafollas e postal.
  • Unha lámina ilustrada (edición exclusiva, asinada e numerada) obra do ilustrador/a do clásico ilustrado do ano e ambientada no universo literario do libro.
  • Acceso exclusivo e en primicia aos avances nos traballos de ilustración do clásico + adianto de fragmentos traducidos.
  • Que o teu nome (ou de quen decidas) apareza na páxina de Mecenas do clásico ilustrado do ano.
  • Desconto do 20% por cada clásico ilustrado que queiras mercar a maiores antes da saída ao mercado.
Ademais destas e da recompensa que xa de por si supón ser mecenas, converte a persoa en  membro do club de pleno dereito con vantaxes tan atractivas como :
  • 20% de desconto por compras de libros en prevenda.
  • Desconto do 5% permanente en libros (10% o día do libro).
  • 25% desconto permanente no resto de produtos da tenda.
Aínda tes dúbidas?
 
Saber máis do mecenado de Aira
As dez primeiras persoas que se dean de alta como mecenas recibirán como agasallo o libro Vidas imaxinarias, de Marcel Schwob, con ilustracións de 22 artistas de primeiro nivel, e mais a nova lámina de Rosalía en formato A3 (estes agasallos serán enviados co resto de recompensas do mecenado). Lembrade, esta campaña remata o vindeiro 30 de abril de 2024.

Únete a este apaixonante proxecto. Estamos certos de que non te vas arrepentir. 
 
Apertas de parte de todo o equipo de Aira.
 
Mecenas Aira - Suite Francesa
Aira editorial
Facebook
Instagram
Twiter
Non te esquezas de visitar a nosa web, con toda a información sobre nós e os nosos libros. Ademais,  poderás mercar os produtos e merchandising oficiais de Aira. Calca aquí  para entrar e coñecernos máis.
Aira editorial © 2023. Todos os dereitos reservados
Podes contactar connosco en contacto@airaeditorial.gal
Queres cambiar a forma na que recibes estes correos?
Podes actualizar as túas preferencias ou ben dáte de baixa na subscrición
 






This email was sent to comercialyventas.alilibros@blogger.com
why did I get this?    unsubscribe from this list    update subscription preferences
Aira Editorial · Praza Torre Lombarda, 1 Baixo · Allariz, Ourense 32660 · Spain

Email Marketing Powered by Mailchimp

Libros y textos en formato digital (pdf/epub) desde 0 euros

HAGA SU PEDIDO O CONSULTA A TRAVÉS DEL FORMULARIO , O CONTACTANDO A TRAVÉS DE EMAIL: aliazon.comercialyventas@gmail.com

Buscar por Autor o título

Para buscar libros editados en España IR AQUÍ a la Base de datos de libros editados en España, disponibles todos en ALIAZON LIBROS. Tenga en cuenta que para “libros editados no disponibles” o descatalogados podemos disponer de ellos de segunda mano. También disponemos de libros editados fuera de España CONSÚLTENOS: aliazon.comercialyventas@gmail.com